martes, 25 de enero de 2011

RECURSO: ANTIVIRUS PC VELLO


Cando tentamos manter con vida un pc de máis de 8 anos un dos problemas, amáis do sistema operativo é o antivirus. Un como Avast pode deixar sen folgos a computadora. Nestes casos é imprescindibel algo tan lixeiro como Tren Micro HouseCall

lunes, 24 de enero de 2011

Chave

C47847472H1200A0013-77AH1DXZ

lunes, 17 de enero de 2011

domingo, 2 de enero de 2011

PROGRAMA: LIM

LIM permite elaborar unha morea de actividades interactivas. Nalgures xa está desbancando ao Click nas preferenzas dos docentes. Doado de empregar e moi agradecido. Preme nel para acceder a súa páxina.

PROBLEMA: INSERIR VIDEO DE YOUTUBE SEN QUE SE REDIRECCIONE

Ao traballar cos máis pequenos, visionando vídeos de Youtube, atopámonos moitas veces co problema de que se saen axiña da nosa páxina, ao activar (premendo varias veces) a redirección do video. Para evitar isto so temos que inserir e modificar uns pequenos fragmentos de código:
  • Inserir (ver nas imaxes):
allowNetworking="internal"
wmode="transparent"
  • Modificar:
allowscriptaccess= "always" por "never"


  1. Se o queremos facer nun video xa inserido na web ou blog, sería deste xeito (entrar en Html e engadir tamén param name= e value=):
  2. Se o facemos nunha nova entrada, antes de publicala, co código embed orixinal de Youtube, sería:


Vexamos un exemplo:

martes, 21 de diciembre de 2010

PROBLEMA: VER FIREFOX A PANTALLA COMPLETA


Poder ver xa unha imaxe ou páxina de Internet, xa un arquivo flash (swf) en toda a pantalla (fullscreem), sen as barras de ferramentas que habitualmente aparecen na pantalla, é moi doado en Firefox. So temos que premer F11 e xa está. Idem para o contrario.

sábado, 18 de diciembre de 2010

PROBLEMA: INSERIR TÁBOA EN BLOGGER

Para poder inserir unha táboa en Blogger non temos máis remedio que activar a pestana HTML e escribir código:

Isto é unha proba
Eis outra

Velaquí o código:


Nela, sinalamos a cor e o borde, con "td" as columnas e con "tr" cada fila a maiores da primeira.
Puxemos o texto, pero se queremos podemos deixalo parta escribilo logo co editor normal no cadro creado. Non aparece cor do texto nin tamaño de táboa porque esto fíxeno a posteriori, tamén co editor normal (pinchar e arrastrar).
O texto, como se ve na táboa aparece aliñado á esquerda, faino o editor Html por defecto. Podemos pórllo co código no comezo ou modificalo cando blogger convirta a táboa a Css ( se cambiamos a Publicar e logo volvemos a Html, topamos que variou o noso código):


Cambiamos dentro de cada celda (td), no align= left por center e xa ficou centrado o texto:

Isto é unha proba
Eis outra