Mostrando entradas con la etiqueta capturar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta capturar. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de noviembre de 2010

PROBLEMA: CAPTURAR PÁXINA COMPLETA

As veces queremos facer unha captura de pantalla, mais a páxina é máis longa que esta. Firefox dispón dun complemento moi sinxeliño e efectivo que nos soluciona o problema.
Chámase Page Saver, e cun sinxelo clic fica instalado. Vai aparecernos entón umha imaxe como esta na barra de ferramentas. Un clic na cámara e xa está capturada toda a páxina.









Para descargar premer na parte inferior do recadro que como este ides atopar na páxina.
Ollo!, e non nos esquezamos de darlle a Permitir Firefox na parte inferior da barra.

domingo, 15 de marzo de 2009

PROBLEMA: CAPTURAR IMAXE

As veces non serve darlle coa tecla dereita do rato a "gardar imaxe" ou "gardar como"
Unha opción é premer a tecla Imp Pt (sita na parte superior do teclado). Premendo simultaneamente Alt, selecciona un pouco máis a imaxe. Logo damos a pegar onde precisemos.
De non funcionar esta opción, algún reproductor de DVD coma o CYBERLINK, ten a opción de capturar a imaxe premendo simplemente na icona de capturar fotograma.