Mostrando entradas con la etiqueta recursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recursos. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de enero de 2011

RECURSO: ANTIVIRUS PC VELLO


Cando tentamos manter con vida un pc de máis de 8 anos un dos problemas, amáis do sistema operativo é o antivirus. Un como Avast pode deixar sen folgos a computadora. Nestes casos é imprescindibel algo tan lixeiro como Tren Micro HouseCall

lunes, 17 de enero de 2011

sábado, 11 de diciembre de 2010

RECURSOS: IMAXE DE LOIS PEREIRO



Aquí queremos facer un pequeno aporte sobre a imaxe do homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2011. Está a disposición de quen o precisar. Para descargala podemos premer coa tecla dereita do rato e elixir "gardar como". Se queremos o tamaño orixinal prememos na imaxe e logo repetimos a devandita operación. Para conservar o formato nas beiras, gardar sempre como .gif ou .png

miércoles, 10 de noviembre de 2010

RECURSOS: MINI ATLAS XEOBOTÁNICO DE GALICIA

Unha extraordinaria ferramenta online para coñecer a natureza do noso pais. Un recurso básico para a aula. Preme na imaxe.

jueves, 25 de febrero de 2010

RECURSOS: VISITA VIRTUAL POR GALIZA


Esta páxina vainos permitir unha visita a diferentes vilas, cidades e lugares do noso pais, percorrer as súas rúas e camiños e desfrutar da súa beleza. Non é tan completo como o Stret-View de Goggle, pero tampouco o desmerece. Boa viaxe!:
http://www.descubregalicia.com/

jueves, 12 de noviembre de 2009

RECURSOS: ACTIVIDADES NO CABODANO DE DARWIN




Desde Andalucía, o Ceip Ricardo León propón estas actividades interactivas para axudar a coñecer mellor a vida e obra de Charles Darwin
DARWIN


Sobre a vida de Darwin atopamos estes interesantes documentais








Sobre a Teoría da Evolución, propomos estos audiovisuais:







RECURSOS: MATERIAL DARWIN

Desde o CEIP andaluz Ricardo León chega este grupo de propostas interactivas que axudan a coñecer mellor a Charles Darwin no seu 2º Bicentenario.

lunes, 9 de noviembre de 2009

RECURSOS: TERREMOTOS EN TEMPO REAL

EARTHQUAKE 3D
Excelente programiña que recolle a actividade sísmica da Terra nos últimos días. Moi doado de empregar e espectacular desde o ponto de vista visual. Descargar desde onde pon FREE.

RECURSOS: VIAXE AO NANOCOSMOS

NANOREISEN

Excelente páxina que nos propón tres viaxes interactivas ata chegar ás nanopartículas. É alemana pero ten a opción de idioma castelán

viernes, 6 de noviembre de 2009

RECURSOS: VISITAR CIDADES


Grazas a un proxecto de Google podemos percorrer as rúas de moitas cidades do mundo. Chámase STREET VIEW, e atopámolo no Google Maps. Para activalo so temos que pinchar o homiño laranxa que aparece e arrastralo á rua que desexemos percorrer.

domingo, 15 de marzo de 2009

RECURSOS: ESTATÍSTICAS MUNDIAIS AO SEGUNDO

Nesta páxina podemos ollar, a un ritmo vertixinoso, como medra a poboación da terra, as mortes, os automobeis fabricados, os libros imprimidos...
ESTATÍSTICAS

RECURSOS: O HOME DO TEMPO

Un home do tempo virtual indicaranos o tempo que vai a tempo real en difentes puntos do estado e Europa:
WEATHER MAN

RECURSOS: MÚSICA INFANTIL EN INGLÉS

Nesta páxina atopamos a letra e a música de moitas cancións inglesas. Algunhas incorporan karaoke
KIDIDDLES
Nesta outra podemos escoitar e descargar cancións tradicionais ou dunha ampla lista de autores
FREEKIDSMUSIC

RECURSOS: MÚSICA CLASICA

Nesta páxina hai varios miles de pezas de música clásica para escoitar e baixar:
CLASSIC CAT
Nesta outra atopamos, entre outros recursos, imaxes, pequenos retallos bibliográficos, e algunha peza de moitos compositores e a top clasica anual da Classic Fm
EL PODER DE LA PALABRA

RECURSOS: BUSCADOR DE SONS

Nunha destas ligazóns atoparemos o son que precisemos.
Esta é en inglés:
FINDSOUNDS

Estas están en castelán
SOUNGLE
EDUC

RECURSOS: COÑECEMENTO VARIOS















Esta páxina ten unha serie de recursos como listado de inventores, paises. Traballa coa wikipedia e pode ser moi útil coma recurso puntual ou coma primeiro paso dun proxecto
CULTURAGENERAL.NET

RECURSOS: OBRAS DE ARTE E ARTISTAS

Nesta ligazón podes topar tanto artistas coma imaxes das grandes obras de arte mundiais: pintura, escultura, arquitectura.
http://www.artehistoria.jcyl.es/obrmaestras/

RECURSOS: MUSEOS MUNDO

Nestas dúas ligazóns podes acceder a caseque calquera museo do mundo:
http://www.1arte.com/museos.php

http://www.artehistoria.jcyl.es/obrmaestras/museos/listado.htm

miércoles, 11 de marzo de 2009

RECURSOS: PRENSA ESPAÑA

Nesta páxina pódese ver as portadas de todos os xornais e, premendo nelas, acceder ás súas edicións dixitais KIOSKO