Mostrando entradas con la etiqueta problemas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta problemas. Mostrar todas las entradas

viernes, 9 de marzo de 2012

PROBLEMA: INSERTAR FLASH EN BLOGGER

Para poder insertar un arquivo flash en Blogger, primeiro temos que aloxar na rede o arquivo .swf. Nun sitio de pago ou, entre outros, en Dropbox ( eu provei varios que propoñen na rede pero so logrei que me funcionase neste. Unha vez subido prememos nel para ver o seu enderezo, que copiamos e pegamos no seguinte código, escrito na nova entrada, dentro da pestana "Edición HTML":

<embed src="enderezo do arquivo" height="400" width="400"></embed>

Velaquí un exemplo:

viernes, 25 de febrero de 2011

PROBLEMA: CREAR GALERÍA EN WORDPRESS









Para crear unha galería en Wordpress temos que dar os seguintes pasos:
1-Subir as imaxes a Multimedia.
2-Dentro de Multimedia, en cada imaxe, en Attach, seleccionar o artigo no que queremos inserilas.
3- No artigo premer a opción Html e escribir:
[gallery]

domingo, 2 de enero de 2011

PROBLEMA: INSERIR VIDEO DE YOUTUBE SEN QUE SE REDIRECCIONE

Ao traballar cos máis pequenos, visionando vídeos de Youtube, atopámonos moitas veces co problema de que se saen axiña da nosa páxina, ao activar (premendo varias veces) a redirección do video. Para evitar isto so temos que inserir e modificar uns pequenos fragmentos de código:
  • Inserir (ver nas imaxes):
allowNetworking="internal"
wmode="transparent"
  • Modificar:
allowscriptaccess= "always" por "never"


  1. Se o queremos facer nun video xa inserido na web ou blog, sería deste xeito (entrar en Html e engadir tamén param name= e value=):
  2. Se o facemos nunha nova entrada, antes de publicala, co código embed orixinal de Youtube, sería:


Vexamos un exemplo:

martes, 21 de diciembre de 2010

PROBLEMA: VER FIREFOX A PANTALLA COMPLETA


Poder ver xa unha imaxe ou páxina de Internet, xa un arquivo flash (swf) en toda a pantalla (fullscreem), sen as barras de ferramentas que habitualmente aparecen na pantalla, é moi doado en Firefox. So temos que premer F11 e xa está. Idem para o contrario.

sábado, 18 de diciembre de 2010

PROBLEMA: INSERIR TÁBOA EN BLOGGER

Para poder inserir unha táboa en Blogger non temos máis remedio que activar a pestana HTML e escribir código:

Isto é unha proba
Eis outra

Velaquí o código:


Nela, sinalamos a cor e o borde, con "td" as columnas e con "tr" cada fila a maiores da primeira.
Puxemos o texto, pero se queremos podemos deixalo parta escribilo logo co editor normal no cadro creado. Non aparece cor do texto nin tamaño de táboa porque esto fíxeno a posteriori, tamén co editor normal (pinchar e arrastrar).
O texto, como se ve na táboa aparece aliñado á esquerda, faino o editor Html por defecto. Podemos pórllo co código no comezo ou modificalo cando blogger convirta a táboa a Css ( se cambiamos a Publicar e logo volvemos a Html, topamos que variou o noso código):


Cambiamos dentro de cada celda (td), no align= left por center e xa ficou centrado o texto:

Isto é unha proba
Eis outra

PROBLEMA: ACTIVAR REDE INALÁMBRICA UBUNTU

Ao configurar a rede inalámbrica de Ubuntu, ás veces podemos levarnos a sorpresa de que a pesares de ter ben editada a rede, esta aparécenos sen conexión.
Imos a Sistema>Control de harware e pode suceder que:

-Apareza a tarxeta de rede:
eliximos actualizar, instalar

-Non apareza ésta:
Imos ao Terminal e escribimos:
lspci | grep Network

Así poderemos coñecer a tarxeta. Logo localizamos en Internet o aplicativo correspondente.

PROBLEMA: OCULTAR VER BARRA FERRAMENTAS FIREFOX

Se queremos ocultar ou ver algunha das barras de ferramentas imos a Ver>Barras de ferramentas e seleccionamos as que queremos ver ou ocultar. O problema é cando está desaparecida tamén esta barra. Prememos Alt. e xa aparece provisoriamente esta barra. Executamos entón Ver>Barra de ferramentas>barra de menú. e xa fica fixada.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

PROBLEMA: CAPTURAR PÁXINA COMPLETA

As veces queremos facer unha captura de pantalla, mais a páxina é máis longa que esta. Firefox dispón dun complemento moi sinxeliño e efectivo que nos soluciona o problema.
Chámase Page Saver, e cun sinxelo clic fica instalado. Vai aparecernos entón umha imaxe como esta na barra de ferramentas. Un clic na cámara e xa está capturada toda a páxina.









Para descargar premer na parte inferior do recadro que como este ides atopar na páxina.
Ollo!, e non nos esquezamos de darlle a Permitir Firefox na parte inferior da barra.

sábado, 6 de marzo de 2010

PROBLEMA: NON SE VEN TODOS OS PROGRAMAS EN INICIO DO XP

Se queremos botar unha ollada aos programas que temos no computador todos prememos: Inicio>todos os programas. A lista deles pode chegar ata tres columnas. Se nos pasamos, os programas que teñamos a maiores non os poderemos ver dese xeito. Unha forma de solucionar o problema é:
Imos ao menu Inicio. Pinchamos Todos os programas co botón dereito. Eliximos Propiedades>Menu Inicio, nel prememos en Personalizar. Escollemos Opcións avanzadas. Dentro dos elementos do menu Inicio seleccionamos Desprazarse polo menu Programas.
Aceptamos e a partir de entón poderemos movernos de arriba cara abaixo por todos os programas.

lunes, 7 de diciembre de 2009

PROBLEMA: ABRIR ARCHIVO OPEN-OFFICE CON WORD

Instalando este sinxelo pluggin abriremos no Word os arquivos de extensión .odt

Open-XML

sábado, 21 de noviembre de 2009

PROBLEMA: ENTRAR EN "MODO A PROBA DE ERROS"

Para que a limpeza de virus e demáis bichería sexa o máis efectiva posibel, debemos facela desde o "Modo a proba de erros".
Para entrar nel temos dous camiños:

-Reiniciar o computador, e, cando estea acendendo,premer continuamente Supr (Del).

-Entrar en Inicio-Executar e escribir msconfig.




Na pestana BOOT.INI marcamos a opción de inicio SAFEBOOT, e dámoslle a aceptar


lunes, 9 de noviembre de 2009

PROBLEMA: INSERIR VIDEO DE YOTUBE EN BLOG

Se queremos inserir no noso blog, non unha ligazón, senón unha ventá cun video de yotube,
imos a youtube, ao video que escollemos, seleccionamos todo, ollo!, non na "URL" senón no apartado xusto dembaixo "Embed", e copiamos.
Volvemos ao blog e pegamos na entrada.

PROBLEMA: ELIMINAR ARQUIVOS TEMPORAIS

Os arquivos temporais vanse acumulando, ralentizando o noso computador. De cando en cando compre unha limpeza.
Para iso imos a Inicio-Executar e escribimos : %temp%.
Selecionamos todo e eliminamos.
De apareceren arquivos ocultos imos a O meu Pc. Na barra en Ferramentas pinchamos Opcións de Cartafol, e alí, en Visualización eliximos mostrar arquivos e cartafoles ocultos.
Logo volvemos ao paso primeiro: Inicio-Execut...

domingo, 15 de marzo de 2009

PROBLEMA: CAPTURAR IMAXE

As veces non serve darlle coa tecla dereita do rato a "gardar imaxe" ou "gardar como"
Unha opción é premer a tecla Imp Pt (sita na parte superior do teclado). Premendo simultaneamente Alt, selecciona un pouco máis a imaxe. Logo damos a pegar onde precisemos.
De non funcionar esta opción, algún reproductor de DVD coma o CYBERLINK, ten a opción de capturar a imaxe premendo simplemente na icona de capturar fotograma.

PROBLEMA: POP UPS BLOQUEAN CORREO

Cando os pop ups nos complican a vida no correo, eliminámolos:
Prememos á vez Alt+Shilt(a frecha que está debaixo de Bloq Mayusc) e coa outra man pinchamos co rato na icona de Pop ups ( parte de arriba da pantalla) e eliximos poñer o contador a cero.

sábado, 7 de marzo de 2009

PROBLEMA: COPIAR CD

As veces, cando queremos facer unha copia de seguridade dun cd, levamos unha sorpresa. Dúas opcións para evitar perdelo por un mal uso.
NERO: copiar cd e no grabador eleximos imaxe de Nero. Logo pinchamos esta imaxe é nola graba nun cd.
CLONE CD: cando falla NERO, facemos o mesmo proceso pero con este programa. Primeiro grabamos coma imaxe (icona da esquerda) e logo grabamos a imaxe (seguinte icona). Paciencia se se demora nos cd máis protexidos ( pode botar + 10 min lendo)

PROBLEMA: ORIENTAR PANTALLA

Cando a pantalla do computador de sobremesa aparece virada 90º ou 180º grazas a unha man inocente, a solución é ben doada: Premer á vez Ctrl+Alt+ frecha do cursor pertinente