A informática xa está presente na literatura.
Dous exemplos:
Lisbeth Salander, coprotagonista da triloxía de Larsson, xenio da informatica, envexa dos que sentamos diante dun computador.
Catarella, secundario de luxo das novelas de Camellieri, chapuzas que ao seu xeito vai tirando. Seu é o título. Para os que somos coma el, vai este blog.
Ao traballar cos máis pequenos, visionando vídeos de Youtube, atopámonos moitas veces co problema de que se saen axiña da nosa páxina, ao activar (premendo varias veces) a redirección do video. Para evitar isto so temos que inserir e modificar uns pequenos fragmentos de código:
Inserir (ver nas imaxes):
allowNetworking="internal" wmode="transparent"
Modificar:
allowscriptaccess= "always" por "never"
Se o queremos facer nun video xa inserido na web ou blog, sería deste xeito (entrar en Html e engadir tamén paramname= e value=):
Se o facemos nunha nova entrada, antes de publicala, co código embed orixinal de Youtube, sería:
Ter unha conta de gmail permítenos acceder ao servizo Google Talk. Con el podemos comunicarnos por escrito, de voz ou de imaxe con outra conta gmail que teña descargada a aplicación, e mesmo sen entrar na caixa de correo, enviarnos arquivos de xeito inmediato (só seleccionar arquivo e xa está). Para poder dispor tamén desta última posibilidade, a día de hoxe temos que descargar a versión inglesa.
Á hora de enviar, levar ou subir a rede un PowerPoint podemos levarnos a ingrata sorpresa de que non conserva os efectos, perdeu o son, non fai transicións... Con este sinxelo programa convertelo en formato video é moi doado e vai librarnos de moitos atrancos E.M. POWERPOINT VIDEO CONVERTER
Virtual Dub é un editor que permite traballar fotograma a fotograma. Tamén permite obter o son dun video. DESCARGAR Nesta ligazón hai un bo titorial: EMEZETA