sábado, 21 de noviembre de 2009

PROBLEMA: ENTRAR EN "MODO A PROBA DE ERROS"

Para que a limpeza de virus e demáis bichería sexa o máis efectiva posibel, debemos facela desde o "Modo a proba de erros".
Para entrar nel temos dous camiños:

-Reiniciar o computador, e, cando estea acendendo,premer continuamente Supr (Del).

-Entrar en Inicio-Executar e escribir msconfig.




Na pestana BOOT.INI marcamos a opción de inicio SAFEBOOT, e dámoslle a aceptar


viernes, 13 de noviembre de 2009

PROGRAMA: PERSONALIZAR AS ICONAS DAS CARPETAS

Nesta páxina podemos atopar as ligazóns dunha serie de programas que nos permiten crear unhas iconas personais.

Se so desexamos que simplemente apareza unha imaxe do noso gusto, podemos botar man do seguinte truco:
Eliximos unha imaxe o máis cadrada posible. Entramos no Paint e abrimos esta imaxe. Dámoslle a Gardar coma e escollemos no Nome do ficheiro o nome que nós desexemos coa extensión .ico (v.g. meu.ico) e en Gardar como tipo a opción Mapa de 24 bips

PROGRAMA: PERSONALIZAR ICONAS DE ARQUIVOS


O programa Xentient Thumbnails convirte automaticamente as iconas de cada arquivo de imaxe nunha miniatura desa imaxe, facendo moito máis doado o seu recoñecemento

jueves, 12 de noviembre de 2009

RECURSOS: ACTIVIDADES NO CABODANO DE DARWIN




Desde Andalucía, o Ceip Ricardo León propón estas actividades interactivas para axudar a coñecer mellor a vida e obra de Charles Darwin
DARWIN


Sobre a vida de Darwin atopamos estes interesantes documentais








Sobre a Teoría da Evolución, propomos estos audiovisuais:







RECURSOS: MATERIAL DARWIN

Desde o CEIP andaluz Ricardo León chega este grupo de propostas interactivas que axudan a coñecer mellor a Charles Darwin no seu 2º Bicentenario.

lunes, 9 de noviembre de 2009

PROBLEMA: INSERIR VIDEO DE YOTUBE EN BLOG

Se queremos inserir no noso blog, non unha ligazón, senón unha ventá cun video de yotube,
imos a youtube, ao video que escollemos, seleccionamos todo, ollo!, non na "URL" senón no apartado xusto dembaixo "Embed", e copiamos.
Volvemos ao blog e pegamos na entrada.

RECURSOS: TERREMOTOS EN TEMPO REAL

EARTHQUAKE 3D
Excelente programiña que recolle a actividade sísmica da Terra nos últimos días. Moi doado de empregar e espectacular desde o ponto de vista visual. Descargar desde onde pon FREE.