A informática xa está presente na literatura. Dous exemplos: Lisbeth Salander, coprotagonista da triloxía de Larsson, xenio da informatica, envexa dos que sentamos diante dun computador. Catarella, secundario de luxo das novelas de Camellieri, chapuzas que ao seu xeito vai tirando. Seu é o título. Para os que somos coma el, vai este blog.
lunes, 24 de enero de 2011
lunes, 17 de enero de 2011
RECURSO: PROPOSTAS INTERACTIVAS PARA O DÍA DA PAZ
domingo, 2 de enero de 2011
PROGRAMA: LIM
PROBLEMA: INSERIR VIDEO DE YOUTUBE SEN QUE SE REDIRECCIONE
Ao traballar cos máis pequenos, visionando vídeos de Youtube, atopámonos moitas veces co problema de que se saen axiña da nosa páxina, ao activar (premendo varias veces) a redirección do video. Para evitar isto so temos que inserir e modificar uns pequenos fragmentos de código:
wmode="transparent"

Vexamos un exemplo:
- Inserir (ver nas imaxes):
wmode="transparent"
- Modificar:
- Se o queremos facer nun video xa inserido na web ou blog, sería deste xeito (entrar en Html e engadir tamén param name= e value=):
- Se o facemos nunha nova entrada, antes de publicala, co código embed orixinal de Youtube, sería:
Vexamos un exemplo:
martes, 21 de diciembre de 2010
PROBLEMA: VER FIREFOX A PANTALLA COMPLETA
sábado, 18 de diciembre de 2010
PROBLEMA: INSERIR TÁBOA EN BLOGGER
Para poder inserir unha táboa en Blogger non temos máis remedio que activar a pestana HTML e escribir código:
Velaquí o código:

Nela, sinalamos a cor e o borde, con "td" as columnas e con "tr" cada fila a maiores da primeira.
Puxemos o texto, pero se queremos podemos deixalo parta escribilo logo co editor normal no cadro creado. Non aparece cor do texto nin tamaño de táboa porque esto fíxeno a posteriori, tamén co editor normal (pinchar e arrastrar).
O texto, como se ve na táboa aparece aliñado á esquerda, faino o editor Html por defecto. Podemos pórllo co código no comezo ou modificalo cando blogger convirta a táboa a Css ( se cambiamos a Publicar e logo volvemos a Html, topamos que variou o noso código):

Cambiamos dentro de cada celda (td), no align= left por center e xa ficou centrado o texto:
| Isto é unha proba |
| Eis outra |

PROBLEMA: ACTIVAR REDE INALÁMBRICA UBUNTU
Ao configurar a rede inalámbrica de Ubuntu, ás veces podemos levarnos a sorpresa de que a pesares de ter ben editada a rede, esta aparécenos sen conexión.
Imos a Sistema>Control de harware e pode suceder que:
-Apareza a tarxeta de rede:
eliximos actualizar, instalar
-Non apareza ésta:
Imos ao Terminal e escribimos:
Así poderemos coñecer a tarxeta. Logo localizamos en Internet o aplicativo correspondente.
Imos a Sistema>Control de harware e pode suceder que:
-Apareza a tarxeta de rede:
eliximos actualizar, instalar
-Non apareza ésta:
Imos ao Terminal e escribimos:
| lspci | grep Network |
Así poderemos coñecer a tarxeta. Logo localizamos en Internet o aplicativo correspondente.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)