lunes, 9 de noviembre de 2009

PROBLEMA: INSERIR VIDEO DE YOTUBE EN BLOG

Se queremos inserir no noso blog, non unha ligazón, senón unha ventá cun video de yotube,
imos a youtube, ao video que escollemos, seleccionamos todo, ollo!, non na "URL" senón no apartado xusto dembaixo "Embed", e copiamos.
Volvemos ao blog e pegamos na entrada.

RECURSOS: TERREMOTOS EN TEMPO REAL

EARTHQUAKE 3D
Excelente programiña que recolle a actividade sísmica da Terra nos últimos días. Moi doado de empregar e espectacular desde o ponto de vista visual. Descargar desde onde pon FREE.

RECURSOS: VIAXE AO NANOCOSMOS

NANOREISEN

Excelente páxina que nos propón tres viaxes interactivas ata chegar ás nanopartículas. É alemana pero ten a opción de idioma castelán

PROBLEMA: ELIMINAR ARQUIVOS TEMPORAIS

Os arquivos temporais vanse acumulando, ralentizando o noso computador. De cando en cando compre unha limpeza.
Para iso imos a Inicio-Executar e escribimos : %temp%.
Selecionamos todo e eliminamos.
De apareceren arquivos ocultos imos a O meu Pc. Na barra en Ferramentas pinchamos Opcións de Cartafol, e alí, en Visualización eliximos mostrar arquivos e cartafoles ocultos.
Logo volvemos ao paso primeiro: Inicio-Execut...

viernes, 6 de noviembre de 2009

RECURSOS: VISITAR CIDADES


Grazas a un proxecto de Google podemos percorrer as rúas de moitas cidades do mundo. Chámase STREET VIEW, e atopámolo no Google Maps. Para activalo so temos que pinchar o homiño laranxa que aparece e arrastralo á rua que desexemos percorrer.

domingo, 1 de noviembre de 2009

PROGRAMA: CONVERTER WORD E OUTROS FORMATOS EN PDF

No Office 2007 en Inicio-Gardar coma.. hai unha pestana que permite gardar como Pdf. Se non está activada podemos facelo alí mesmo.
Para os máis carrozas están programiñas como
PDFCreator

Unha vez excutado, collemos o arquivo Word, Publisher e outros que queremos converter, e en "imprimir" eleximos a impresora que pon PDFCreator

PROGRAMA: CONVERTER PDF A WORD

Dúas opcións:
-Descargar un programa do tipo

FREE PDF WORD CONVERTER

-Botar man do Office: Abrimos o Pdf, dámoslle a imprimir e eleximos a opción Document Image Writer. De seguido abrimos o Microsoft Document Imaging (en Inicio-Office-Ferramentas) e alí temos a opción "enviar texto a Word"