A informática xa está presente na literatura.
Dous exemplos:
Lisbeth Salander, coprotagonista da triloxía de Larsson, xenio da informatica, envexa dos que sentamos diante dun computador.
Catarella, secundario de luxo das novelas de Camellieri, chapuzas que ao seu xeito vai tirando. Seu é o título. Para os que somos coma el, vai este blog.
PROBLEMA: INSERIR VIDEO DE YOUTUBE SEN QUE SE REDIRECCIONE
Ao traballar cos máis pequenos, visionando vídeos de Youtube, atopámonos moitas veces co problema de que se saen axiña da nosa páxina, ao activar (premendo varias veces) a redirección do video. Para evitar isto so temos que inserir e modificar uns pequenos fragmentos de código:
Inserir (ver nas imaxes):
allowNetworking="internal" wmode="transparent"
Modificar:
allowscriptaccess= "always" por "never"
Se o queremos facer nun video xa inserido na web ou blog, sería deste xeito (entrar en Html e engadir tamén paramname= e value=):
Se o facemos nunha nova entrada, antes de publicala, co código embed orixinal de Youtube, sería:
No hay comentarios:
Publicar un comentario