Se queremos botar unha ollada aos programas que temos no computador todos prememos: Inicio>todos os programas. A lista deles pode chegar ata tres columnas. Se nos pasamos, os programas que teñamos a maiores non os poderemos ver dese xeito. Unha forma de solucionar o problema é:
Imos ao menu Inicio. Pinchamos Todos os programas co botón dereito. Eliximos Propiedades>Menu Inicio, nel prememos en Personalizar. Escollemos Opcións avanzadas. Dentro dos elementos do menu Inicio seleccionamos Desprazarse polo menu Programas.
Aceptamos e a partir de entón poderemos movernos de arriba cara abaixo por todos os programas.
A informática xa está presente na literatura. Dous exemplos: Lisbeth Salander, coprotagonista da triloxía de Larsson, xenio da informatica, envexa dos que sentamos diante dun computador. Catarella, secundario de luxo das novelas de Camellieri, chapuzas que ao seu xeito vai tirando. Seu é o título. Para os que somos coma el, vai este blog.
sábado, 6 de marzo de 2010
miércoles, 3 de marzo de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)