martes, 21 de diciembre de 2010

PROBLEMA: VER FIREFOX A PANTALLA COMPLETA


Poder ver xa unha imaxe ou páxina de Internet, xa un arquivo flash (swf) en toda a pantalla (fullscreem), sen as barras de ferramentas que habitualmente aparecen na pantalla, é moi doado en Firefox. So temos que premer F11 e xa está. Idem para o contrario.

sábado, 18 de diciembre de 2010

PROBLEMA: INSERIR TÁBOA EN BLOGGER

Para poder inserir unha táboa en Blogger non temos máis remedio que activar a pestana HTML e escribir código:

Isto é unha proba
Eis outra

Velaquí o código:


Nela, sinalamos a cor e o borde, con "td" as columnas e con "tr" cada fila a maiores da primeira.
Puxemos o texto, pero se queremos podemos deixalo parta escribilo logo co editor normal no cadro creado. Non aparece cor do texto nin tamaño de táboa porque esto fíxeno a posteriori, tamén co editor normal (pinchar e arrastrar).
O texto, como se ve na táboa aparece aliñado á esquerda, faino o editor Html por defecto. Podemos pórllo co código no comezo ou modificalo cando blogger convirta a táboa a Css ( se cambiamos a Publicar e logo volvemos a Html, topamos que variou o noso código):


Cambiamos dentro de cada celda (td), no align= left por center e xa ficou centrado o texto:

Isto é unha proba
Eis outra

PROBLEMA: ACTIVAR REDE INALÁMBRICA UBUNTU

Ao configurar a rede inalámbrica de Ubuntu, ás veces podemos levarnos a sorpresa de que a pesares de ter ben editada a rede, esta aparécenos sen conexión.
Imos a Sistema>Control de harware e pode suceder que:

-Apareza a tarxeta de rede:
eliximos actualizar, instalar

-Non apareza ésta:
Imos ao Terminal e escribimos:
lspci | grep Network

Así poderemos coñecer a tarxeta. Logo localizamos en Internet o aplicativo correspondente.

PROBLEMA: OCULTAR VER BARRA FERRAMENTAS FIREFOX

Se queremos ocultar ou ver algunha das barras de ferramentas imos a Ver>Barras de ferramentas e seleccionamos as que queremos ver ou ocultar. O problema é cando está desaparecida tamén esta barra. Prememos Alt. e xa aparece provisoriamente esta barra. Executamos entón Ver>Barra de ferramentas>barra de menú. e xa fica fixada.

sábado, 11 de diciembre de 2010

RECURSOS: IMAXE DE LOIS PEREIRO



Aquí queremos facer un pequeno aporte sobre a imaxe do homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2011. Está a disposición de quen o precisar. Para descargala podemos premer coa tecla dereita do rato e elixir "gardar como". Se queremos o tamaño orixinal prememos na imaxe e logo repetimos a devandita operación. Para conservar o formato nas beiras, gardar sempre como .gif ou .png

miércoles, 10 de noviembre de 2010

PROGRAMA: GRAVAR E COPIAR CD

Free Easy CD DVD Burner V4.1 é un sinxelo e lixeiro programa para copiar e gravar Cd e Dvd. É de balde e ,en pesando pouco, vai tamén moi ben nos computadores máis vellos.
Única pega: non copia directamente os
discos; primeiro hai que crear a imaxe e logo gravala.


PROBLEMA: CAPTURAR PÁXINA COMPLETA

As veces queremos facer unha captura de pantalla, mais a páxina é máis longa que esta. Firefox dispón dun complemento moi sinxeliño e efectivo que nos soluciona o problema.
Chámase Page Saver, e cun sinxelo clic fica instalado. Vai aparecernos entón umha imaxe como esta na barra de ferramentas. Un clic na cámara e xa está capturada toda a páxina.









Para descargar premer na parte inferior do recadro que como este ides atopar na páxina.
Ollo!, e non nos esquezamos de darlle a Permitir Firefox na parte inferior da barra.

RECURSOS: MINI ATLAS XEOBOTÁNICO DE GALICIA

Unha extraordinaria ferramenta online para coñecer a natureza do noso pais. Un recurso básico para a aula. Preme na imaxe.

domingo, 6 de junio de 2010

PROGRAMA: GOOGLE TALK, CHAT PRIVADO DE LETRA, SON E VIDEO


Ter unha conta de gmail permítenos acceder ao servizo Google Talk. Con el podemos comunicarnos por escrito, de voz ou de imaxe con outra conta gmail que teña descargada a aplicación, e mesmo sen entrar na caixa de correo, enviarnos arquivos de xeito inmediato (só seleccionar arquivo e xa está). Para poder dispor tamén desta última posibilidade, a día de hoxe temos que descargar a versión inglesa.

PROGRAMA: BESTPRACTICE, VARIAR A VELOCIDADE DO SON


O programa Bestpractice permítenos acelerar, ralentizar os arquivos de son, cambiarlle o ton... e gardar o arquivo modificado. Moi sinxelo de usar.

sábado, 6 de marzo de 2010

PROBLEMA: NON SE VEN TODOS OS PROGRAMAS EN INICIO DO XP

Se queremos botar unha ollada aos programas que temos no computador todos prememos: Inicio>todos os programas. A lista deles pode chegar ata tres columnas. Se nos pasamos, os programas que teñamos a maiores non os poderemos ver dese xeito. Unha forma de solucionar o problema é:
Imos ao menu Inicio. Pinchamos Todos os programas co botón dereito. Eliximos Propiedades>Menu Inicio, nel prememos en Personalizar. Escollemos Opcións avanzadas. Dentro dos elementos do menu Inicio seleccionamos Desprazarse polo menu Programas.
Aceptamos e a partir de entón poderemos movernos de arriba cara abaixo por todos os programas.

miércoles, 3 de marzo de 2010

PROGRAMA: WINDOWS GALEGO


Aquí podemos descargar o parche para Xp

PROGRAMA: MOZILLA GALEGO


Este navegador libre, a máis de nos protexer millor, podemos desfrutar del no noso idioma.

jueves, 25 de febrero de 2010

PROGRAMA: CONVERTER POWERPOINT EN VIDEO

Á hora de enviar, levar ou subir a rede un PowerPoint podemos levarnos a ingrata sorpresa de que non conserva os efectos, perdeu o son, non fai transicións...
Con este sinxelo programa convertelo en formato video é moi doado e vai librarnos de moitos atrancos
E.M. POWERPOINT VIDEO CONVERTER

RECURSOS: VISITA VIRTUAL POR GALIZA


Esta páxina vainos permitir unha visita a diferentes vilas, cidades e lugares do noso pais, percorrer as súas rúas e camiños e desfrutar da súa beleza. Non é tan completo como o Stret-View de Goggle, pero tampouco o desmerece. Boa viaxe!:
http://www.descubregalicia.com/

viernes, 12 de febrero de 2010

PROGRAMA: EDITOR DE SON

Un programa que permite editar e gravar os nosos arquivos de son dun xeito sinxelo:

AUDACITY

martes, 9 de febrero de 2010

PROGRAMA:CAMBIAR VELOCIDADE MÚSICA

Unha canción, un son... que queremos que soe máis rápido ou amodo.
Hai un programa moi doado para facelo. So hai que abrir o arquivo, pórlle a velocidade que queiramos, e gardar. Ollo!, non en "gardar como" senon en Exportar

BestPractice