domingo, 27 de diciembre de 2009

PROGRAMA: CREAR CARÁTULAS

CARATULADOR
Con este programa podemos crear carátulas para estoxos de dvd e cd e mesmo para cd a partires de calquera imaxe. Con só dous cliques no medio, abrirase o explorador que nos levará á imaxe elixida.



lunes, 7 de diciembre de 2009

PROBLEMA: ABRIR ARCHIVO OPEN-OFFICE CON WORD

Instalando este sinxelo pluggin abriremos no Word os arquivos de extensión .odt

Open-XML

miércoles, 2 de diciembre de 2009

PROGRAMA: ANTIVIRUS PARA O LÁPIS

Moitas das infeccións do noso Pc chegan a traveso de Pendrives. Unnha boa medida para evitalas é instalar un antivirus no lápis.
A nosa proposta é MX One.
Ao executar ter enchufado o pen e elixir "instalar nel"

sábado, 21 de noviembre de 2009

PROBLEMA: ENTRAR EN "MODO A PROBA DE ERROS"

Para que a limpeza de virus e demáis bichería sexa o máis efectiva posibel, debemos facela desde o "Modo a proba de erros".
Para entrar nel temos dous camiños:

-Reiniciar o computador, e, cando estea acendendo,premer continuamente Supr (Del).

-Entrar en Inicio-Executar e escribir msconfig.




Na pestana BOOT.INI marcamos a opción de inicio SAFEBOOT, e dámoslle a aceptar


viernes, 13 de noviembre de 2009

PROGRAMA: PERSONALIZAR AS ICONAS DAS CARPETAS

Nesta páxina podemos atopar as ligazóns dunha serie de programas que nos permiten crear unhas iconas personais.

Se so desexamos que simplemente apareza unha imaxe do noso gusto, podemos botar man do seguinte truco:
Eliximos unha imaxe o máis cadrada posible. Entramos no Paint e abrimos esta imaxe. Dámoslle a Gardar coma e escollemos no Nome do ficheiro o nome que nós desexemos coa extensión .ico (v.g. meu.ico) e en Gardar como tipo a opción Mapa de 24 bips

PROGRAMA: PERSONALIZAR ICONAS DE ARQUIVOS


O programa Xentient Thumbnails convirte automaticamente as iconas de cada arquivo de imaxe nunha miniatura desa imaxe, facendo moito máis doado o seu recoñecemento

jueves, 12 de noviembre de 2009

RECURSOS: ACTIVIDADES NO CABODANO DE DARWIN




Desde Andalucía, o Ceip Ricardo León propón estas actividades interactivas para axudar a coñecer mellor a vida e obra de Charles Darwin
DARWIN


Sobre a vida de Darwin atopamos estes interesantes documentais








Sobre a Teoría da Evolución, propomos estos audiovisuais:







RECURSOS: MATERIAL DARWIN

Desde o CEIP andaluz Ricardo León chega este grupo de propostas interactivas que axudan a coñecer mellor a Charles Darwin no seu 2º Bicentenario.

lunes, 9 de noviembre de 2009

PROBLEMA: INSERIR VIDEO DE YOTUBE EN BLOG

Se queremos inserir no noso blog, non unha ligazón, senón unha ventá cun video de yotube,
imos a youtube, ao video que escollemos, seleccionamos todo, ollo!, non na "URL" senón no apartado xusto dembaixo "Embed", e copiamos.
Volvemos ao blog e pegamos na entrada.

RECURSOS: TERREMOTOS EN TEMPO REAL

EARTHQUAKE 3D
Excelente programiña que recolle a actividade sísmica da Terra nos últimos días. Moi doado de empregar e espectacular desde o ponto de vista visual. Descargar desde onde pon FREE.

RECURSOS: VIAXE AO NANOCOSMOS

NANOREISEN

Excelente páxina que nos propón tres viaxes interactivas ata chegar ás nanopartículas. É alemana pero ten a opción de idioma castelán

PROBLEMA: ELIMINAR ARQUIVOS TEMPORAIS

Os arquivos temporais vanse acumulando, ralentizando o noso computador. De cando en cando compre unha limpeza.
Para iso imos a Inicio-Executar e escribimos : %temp%.
Selecionamos todo e eliminamos.
De apareceren arquivos ocultos imos a O meu Pc. Na barra en Ferramentas pinchamos Opcións de Cartafol, e alí, en Visualización eliximos mostrar arquivos e cartafoles ocultos.
Logo volvemos ao paso primeiro: Inicio-Execut...

viernes, 6 de noviembre de 2009

RECURSOS: VISITAR CIDADES


Grazas a un proxecto de Google podemos percorrer as rúas de moitas cidades do mundo. Chámase STREET VIEW, e atopámolo no Google Maps. Para activalo so temos que pinchar o homiño laranxa que aparece e arrastralo á rua que desexemos percorrer.

domingo, 1 de noviembre de 2009

PROGRAMA: CONVERTER WORD E OUTROS FORMATOS EN PDF

No Office 2007 en Inicio-Gardar coma.. hai unha pestana que permite gardar como Pdf. Se non está activada podemos facelo alí mesmo.
Para os máis carrozas están programiñas como
PDFCreator

Unha vez excutado, collemos o arquivo Word, Publisher e outros que queremos converter, e en "imprimir" eleximos a impresora que pon PDFCreator

PROGRAMA: CONVERTER PDF A WORD

Dúas opcións:
-Descargar un programa do tipo

FREE PDF WORD CONVERTER

-Botar man do Office: Abrimos o Pdf, dámoslle a imprimir e eleximos a opción Document Image Writer. De seguido abrimos o Microsoft Document Imaging (en Inicio-Office-Ferramentas) e alí temos a opción "enviar texto a Word"

sábado, 31 de octubre de 2009

PROGRAMA: MALWARE FREE

Dous programas que axudan a nos protexer de morea de bichos (spin, vermes...). Son compatibeis cos antivirus
A-SQUARED
Conta cunha versión de avaliación de 30 días moi completa


AD-AWARE

PROGRAMA: ANTIVIRUS FREE

Aquí están as ligazóns para descargar dous dos antivirus gratuítos mellor valorados:

AVAST

AVIRA


O Avast, pide rexistrarse para proporcionar un nº de licenza, válido para varios computadores

domingo, 15 de marzo de 2009

RECURSOS: ESTATÍSTICAS MUNDIAIS AO SEGUNDO

Nesta páxina podemos ollar, a un ritmo vertixinoso, como medra a poboación da terra, as mortes, os automobeis fabricados, os libros imprimidos...
ESTATÍSTICAS

RECURSOS: O HOME DO TEMPO

Un home do tempo virtual indicaranos o tempo que vai a tempo real en difentes puntos do estado e Europa:
WEATHER MAN

RECURSOS: MÚSICA INFANTIL EN INGLÉS

Nesta páxina atopamos a letra e a música de moitas cancións inglesas. Algunhas incorporan karaoke
KIDIDDLES
Nesta outra podemos escoitar e descargar cancións tradicionais ou dunha ampla lista de autores
FREEKIDSMUSIC

RECURSOS: MÚSICA CLASICA

Nesta páxina hai varios miles de pezas de música clásica para escoitar e baixar:
CLASSIC CAT
Nesta outra atopamos, entre outros recursos, imaxes, pequenos retallos bibliográficos, e algunha peza de moitos compositores e a top clasica anual da Classic Fm
EL PODER DE LA PALABRA

PROBLEMA: CAPTURAR IMAXE

As veces non serve darlle coa tecla dereita do rato a "gardar imaxe" ou "gardar como"
Unha opción é premer a tecla Imp Pt (sita na parte superior do teclado). Premendo simultaneamente Alt, selecciona un pouco máis a imaxe. Logo damos a pegar onde precisemos.
De non funcionar esta opción, algún reproductor de DVD coma o CYBERLINK, ten a opción de capturar a imaxe premendo simplemente na icona de capturar fotograma.

RECURSOS: BUSCADOR DE SONS

Nunha destas ligazóns atoparemos o son que precisemos.
Esta é en inglés:
FINDSOUNDS

Estas están en castelán
SOUNGLE
EDUC

RECURSOS: COÑECEMENTO VARIOS















Esta páxina ten unha serie de recursos como listado de inventores, paises. Traballa coa wikipedia e pode ser moi útil coma recurso puntual ou coma primeiro paso dun proxecto
CULTURAGENERAL.NET

RECURSOS: OBRAS DE ARTE E ARTISTAS

Nesta ligazón podes topar tanto artistas coma imaxes das grandes obras de arte mundiais: pintura, escultura, arquitectura.
http://www.artehistoria.jcyl.es/obrmaestras/

RECURSOS: MUSEOS MUNDO

Nestas dúas ligazóns podes acceder a caseque calquera museo do mundo:
http://www.1arte.com/museos.php

http://www.artehistoria.jcyl.es/obrmaestras/museos/listado.htm

PROGRAMA: COMPRIMIR ARQUIVOS

7-ZIP é un programa para comprimir e descomprimir arquivos tipo zip e rar. En Opcion, Language, podemos escoller o galego.
7-ZIP

PROGRAMA: EDITAR VIDEO

Virtual Dub é un editor que permite traballar fotograma a fotograma. Tamén permite obter o son dun video.
DESCARGAR
Nesta ligazón hai un bo titorial:
EMEZETA

PROGRAMA: EXTRAER MÚSICA DE VIDEO

Temos varias posibilidades, v.g.:

Virtual Dub é un programa que nos permite obter o son dun video. É moi doado, só hai que abrir en FILE o arquivo de video (OPEN VIDEO FILES) e, no mesmo sitio, darlle a gardar o son (SAVE WAV). Tamén é un editor de imaxes que permite traballar fotograma a fotograma.
DESCARGAR

Se engadimos a Mozilla Firefox a seguinte extensión (descargar e instalar), apareceranos na parte dereita do Youtube a posibilidade de"convert & download as mp3"; aí só temos que iniciar e cando remate descargar: YOUTUBE TO MP3

PROBLEMA: POP UPS BLOQUEAN CORREO

Cando os pop ups nos complican a vida no correo, eliminámolos:
Prememos á vez Alt+Shilt(a frecha que está debaixo de Bloq Mayusc) e coa outra man pinchamos co rato na icona de Pop ups ( parte de arriba da pantalla) e eliximos poñer o contador a cero.

miércoles, 11 de marzo de 2009

RECURSOS: PRENSA ESPAÑA

Nesta páxina pódese ver as portadas de todos os xornais e, premendo nelas, acceder ás súas edicións dixitais KIOSKO

sábado, 7 de marzo de 2009

PROBLEMA: COPIAR CD

As veces, cando queremos facer unha copia de seguridade dun cd, levamos unha sorpresa. Dúas opcións para evitar perdelo por un mal uso.
NERO: copiar cd e no grabador eleximos imaxe de Nero. Logo pinchamos esta imaxe é nola graba nun cd.
CLONE CD: cando falla NERO, facemos o mesmo proceso pero con este programa. Primeiro grabamos coma imaxe (icona da esquerda) e logo grabamos a imaxe (seguinte icona). Paciencia se se demora nos cd máis protexidos ( pode botar + 10 min lendo)

PROBLEMA: ORIENTAR PANTALLA

Cando a pantalla do computador de sobremesa aparece virada 90º ou 180º grazas a unha man inocente, a solución é ben doada: Premer á vez Ctrl+Alt+ frecha do cursor pertinente

PROGRAMA: CAMBIAR O FORMATO DE ARQUIVOS


O programa Format Factory permite cambiar de formato a arquivos de imaxe, son e video (v.g. pasando de tamaño dvd a cd). Doado de usar, en lingua pode escollerse o galego.
Format Factory

RECURSOS: MÚSICA POP

Nesta ligazón atópanse a letra e o video de moitas cancións españolas contemporáneas:
Pincha